TEXTO _ Rosaura López Lorenzo, coa colaboración de Eduardo Herrero Lapido
FOTOGRAFÍA _ Arquivo da autora
IDIOMAS DE EDICIÓN: Castelán
A inocencia dunha moza emigrante que a principios dos anos sesenta do século XX foi traballar a Nova York, e que non tiña idea do que o mundo Beatle significaba, fixo que John Lennon e Yoko Ono confiasen nela. Aquela rapaza chamábase Rosaura López Lorenzo.
Rosaura compartiu con John Lennon os anos máis íntimos da súa vida, o período do que menos cousas se saben porque, por aquela época, o músico decidiu recluírse na casa e desen- volver a súa faceta de pai e marido. Esta galega foi testemuña privilexiada da vida cotiá dun ídolo de masas nun escenario polo que aínda hoxe fisgan diariamente ducias de curiosos.
Rosaura non buscaba en absoluto compensación econó- mica. Só, tras a insistencia de seguidores devotos de Lennon, quixo obsequiarnos compartindo con todo o mundo as súas lembranzas; unhas lembranzas escritas, pero tamén gráficas, que recollen tanto manuscritos, debuxos, agasallos… dos Lennon a Rosaura, como instantáneas domésticas daquel home de Liverpool que, xunto a tres amigos, conmocionou ao mundo coa súa música e as súas mensaxes.
Rosaura fixo neste libro (coa axuda do seu amigo o xornalista Eduardo Herrero, quen lle axudou a dar forma escrita ás súas lembranzas) un ameno relato de senlleiras experiencias coa familia Lennon no emble- mático edificio Dakota de Nova York.
Descargar ficha técnica:
Reseñas
Aínda non hai valoracións.