A emigración galega a América do Sur

Tras analizar os séculos coloniais (XVI-XVII) como precedentes históricos da primeira emigración dos galegos a América do Sur (século XVIII), éntrase xa de cheo no século XX e na emigración masiva que comeza no litoral de Galicia e vaise espallando cara ao interior.

125,50 

Categorías: ,

Tras analizar os séculos coloniais (XVI-XVII) como precedentes históricos da primeira emigración dos galegos a América do Sur (século XVIII), éntrase xa de cheo no século XX e na emigración masiva que comeza no litoral de Galicia e vaise espallando cara ao interior.

Para financiar a viaxe, o campesiño galego dispuña de algún ben, como a terra, susceptible de ser vendido ou hipotecado; e, unha vez iniciado un fluxo migratorio, moitos dos primeiros emigrados chamaron por familiares e veciños, constituíndo auténticas cadeas migratorias. Este mecanismo microsocial proporcionou medios de información, de financiación e de sociabilidade que facilitaron a aventura migratoria e a inserción social e laboral da meirande parte dos novos emigrantes.

O asociacionismo galego (hermandades, centros galegos, asociacións de amigos dunha localidade…), a solidaridade e as relacións entre paisanos, a importancia da emigración feminina, os exiliados e a integración nos países de acollida son aspectos fundamentais que esta obra esmiuza ao longo de oito capítulos, centrados na Arxentina como primeiro destino, seguido de Uruguai, Brasil, Venezuela, Perú, Chile ou Ecuador.

Peso 3 kg
Páxinas:

400

Tamaño:

22 x 30 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura con sobrecuberta

Ano de publicación

2013

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A emigración galega a América do Sur”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra
Scroll ao inicio