A manchas ou a raias?
Había unha vez unha selva na que todos os seus habitantes tiñan a pel con manchas.
As súas vidas eran moi felices, agás por unha cousa: tíñanlles moito medo aos animais con raias que vivían na selva da outra beira do río.
Pero un día, Leopardo sae a explorar…
UN CONTO A MANCHAS E A RAIAS PARA APRENDER A RESPECTAR A DIFERENZA
Autora: Estefanía Padullés
Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña. Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde rea- lizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters).
Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos.
Nos últimos anos realicei varios contos ilustrados, dos cales, un xa se editou en versión en alemán para Alemaña, Suíza e Austria, e outros (O desexo do gato Klops, A canción do sol e Max e Lea) foron publicados por Hércules de Ediciones.
Descargar ficha técnica: Ficha A manchas ou a raias?
Reseñas
Aínda non hai valoracións.