Ardentía 1854

A Coruña, 1992. Dolores Seoane é unha moza de 17 anos cun prometedor futuro por diante, pero todo o seu mundo cambia na noite de San Xoán. Unha visita improvisada á igrexa de San Nicolás e á Virxe dos Dolores leva á moza ao achado duns libros moi antigos, custodiados no templo. Que ocultan eses libros e quen os deixou alí? A curiosidade de Dolores levaraa a emprender unha insólita viaxe no tempo, que a traslada ata o ano 1854.

21,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

A Coruña, 1992. Dolores Seoane é unha moza de 17 anos cun prometedor futuro por diante, pero todo o seu mundo cambia na noite de San Xoán. Unha visita improvisada á igrexa de San Nicolás e á Virxe dos Dolores leva á moza ao achado duns libros moi antigos, custodiados no templo. Que ocultan eses libros e quen os deixou alí? A curiosidade de Dolores levaraa a emprender unha insólita viaxe no tempo, que a traslada ata o ano 1854.

A novela relátanos un misterio entre dúas épocas, dúas historias de amor e a crónica dunha epidemia mortal que o ameaza todo: o cólera, que en 1854 chega á cidade para converterse nun dos maiores dramas da súa historia.

Existirá un camiño de volta para Dolores ou buscará un futuro para ela no pasado? Traerá a ardentía o milagre que necesita a cidade?

Autora: 

María D. López-Menéndez Sánchez (A Coruña 1974). Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e por CEU San Pablo, Máster en Edición Periodística de La Voz de Galicia (Universidade da Coruña).

Como xornalista, deu os seus primeiros pasos na redacción de La Voz de Galicia con 18 anos. Desde entón, desenvolveu a súa carreira principalmente no cine e na televisión, tanto en dirección de comunicación como na xestión integral do emprazamento de productos, marcas e institucións nas distintas producións. Ardentía 1854 é a súa primeira novela.

Descarga a ficha de “Ardentía”:

 

Peso 0,5 kg
ISBN

978-84-19754-49-3

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castelán

Encadernación:

Rústica con solapas

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

adultos

Páxinas:

192

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Ardentía 1854”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio