As travesuras de Nariciño, de Monteiro Lobato, é un clásico da Literatura Infantil brasileira. Nas súas primeiras aventuras, coñeceremos a Emilia, a boneca de trapo; a tía Anastasia, famosa polas súas deliciosas tortas; a dona Benta, unha avoa moi especial, e a súa neta Lucía, a nena do nariz respingado, a quen todos chaman Nariciño. Un día, Nariciño atópase cun peixiño e cun escaravello… vestidos de persoas! Que aventuras vivirán estes tres personaxes?
Autor: Monteiro Lobato
José Bento MONTEIRO LOBATO está considerado como o pai de la Literatura Infantil e Xuvenil en Brasil. Naceu en Taubaté o 18 de abril de 1882. De feito, en Brasil, o día 18 de abril se conmemora o “Día do Libro”, en recordo da súa data de nacemento.
Na produción adulta, tanto literaria como xornalística, Lobato denunciou con vehemencia a condición de retraso ao que o poder público viña relegando a súa rexión natal, no que concirne a varias instancias: saúde, educación, vivenda, traballo, cultura, etc. Ademais de publicar moitos artigos periodísticos sobre esas cuestións, publicou contos sobre os tipos do interior do Val do Paraíba, con narracións que acadaron un grande impacto nos lectores da época e que aínda hoxe espertan moito interese.
No caso da Literatura Infantil e Xuvenil, o mundo do campo tamén subministrou a Lobato vasto material para a súa produción, permitindo que aproveitara na súa ficción non só a tradición oral, senón tamén toda a opulencia da natureza brasileña, explotando a diversidade da flora, da fauna e da xeografía da rexión que coñecía tan ben. Reinações de Narizinho (1931) é a fundadora dunha especie de “saga”, cuxa publicación chega ata mediados da década de 1940 e conta con máis dunha veintena de recoñecidos títulos.
Descargar ficha técnica GAL: Ficha "As travesuras de Nariciño"
Descargar ficha técnica ES: Ficha "Las travesuras de Naricita"