Enfiando a vida

O que une e separa a Lali e Sofía vaise tecendo en Enfiando a vida para presentar un retrato da Galicia dos séculos XX e XXI, onde a emigración muda e se adapta aos novos tempos, pero no desaparece. Unha sociedade que, empurrada polas súas mulleres, se adapta á modernidade sendeixar que a tradición se perda.

18,00 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categoría:

II edición do Premio de Novela Curta “Alén” Concello de Ares

Lali é unha moza boa, que vive para os demais. A súa vida segue o sendeiro marcado para unha muller na primeira metade do século XX, incluso cando o seu home ten que emigrar. Pero cando a traxedia lle descobre que os seus temores eran certos e perde dúas veces o que máis quería, ten que tomar decisións e atopar outro xeito de vivir coa dor da traizón.

Sofía é unha rapaza que sabe o que quere. Non vai deixar que quimeras como o amor verdadeiro a desvíen do seu obxectivo: evitar o sufrimento. Por iso, cando no traballo trasladan a Pedro alén os mares, ela toma unha rotunda decisión sen decatarse de que tentar evitar os erros dos que a precederon no camiño, non garante a felicidade.

O que une e separa a Lali e Sofía vaise tecendo en Enfiando a vida para presentar un retrato da Galicia dos séculos XX e XXI, onde a emigración muda e se adapta aos novos tempos, pero no desaparece. Unha sociedade que, empurrada polas súas mulleres, se adapta á modernidade sen deixar que a tradición se perda.

Autora: Susana Fraguela Vale

Xornalista da primeira promoción en Galicia; os anos de carreira serviron para que se namorase dunha cidade sen mar e formase a súa segunda familia, a escollida. Cos anos e as visitas ao seu lar, Cariño, foina fusionando coa súa primeira familia, a de sangue. E o seu vicio polas viaxes levouna ata Escocia, onde tamén botou raíces.

Ler e escribir son as súas dúas vocacións. Como non atopou o xeito de vivir diso, dedícase á comunicación, que a trouxo de volta a Santiago. Enfiando a vida é a súa primeira novela galardoada, pero unha morea de relatos curtos dan testemuño do seu labor como letraferida.

Descargar a ficha técnica de “Enfiando a vida”:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

ISBN

978-84-19754-46-2

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Páxinas:

132

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Enfiando a vida”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio