Feminismo de barrio

Como podemos ser solidarias como movemento, pregúntase Kendall, cando existe a clara posibilidade de que algunhas mulleres estean a oprimir a outras? Na súa mordaz colección de ensaios, Kendall apunta á lexitimidade do movemento feminista moderno, argumentando que este fracasou cronicamente á hora de abordar as necesidades de todas as mulleres.

19,50 

Dispoñibilidade: Hai existencias

Categorías: , Etiqueta:

O movemento feminista actual ten un punto cego, que, paradoxalmente, son as mesmas mulleres que o compoñen. A maioría das feministas non adoitan falar da satisfacción das necesidades básicas como unha cuestión feminista, pero a inseguridade alimentaria, o acceso a unha educación de calidade, os barrios seguros, un salario digno e a atención médica son tamén cuestións relacionadas. O feito de que moitas feministas se neguen a dar prioridade a estas cuestións non fixo máis que exacerbar as discordias internas. Ademais, as feministas brancas prominentes sofren a súa propia miopía con respecto a como cousas como a raza, a clase, a orientación sexual e a capacidade se entrecruzan co xénero. Como podemos ser solidarias como movemento, pregúntase Kendall, cando existe a clara posibilidade de que algunhas mulleres estean a oprimir a outras? Na súa mordaz colección de ensaios, Kendall apunta á lexitimidade do movemento feminista moderno, argumentando que este fracasou cronicamente á hora de abordar as necesidades de todas as mulleres.

Autora: Mikki Kendall

Ensaísta, activista e crítica cultural estadounidense. O seu traballo céntrase na actualidade, a representación dos medios de comunicación, a política alimentaria e a historia do movemento feminista. Kendall criouse no barrio de Hyde Park de Chicago. Graduouse en 2005 na Universidade de Illinois e ten un máster en Escritura e Publicación da Universidade De-Paul. Veterana do Exército de Estados Unidos, en 2013 deixou o seu traballo no Departamento de Asuntos dos Veteranos para dedicarse á súa carreira de escritora a tempo completo. Escribiu para The Guardian, The Boston Globe, NBC News, Washington Post, Bustle, Essence e Eater. Tamén apareceu como comentarista cultural en NPR, Al Jazeera English e na BBC.

É recoñecida como membro de Black Twitter, sendo a creadora dos cancelos virales de Twitter #SolidarityIsForWhiteWomen, que criticaba o racismo no movemento feminista, #FastTailedGirls, unha referencia á hipersexualización das mozas negras, e #FoodGentrification, sobre a marxinación dos alimentos tradicionais por intereses comerciais. Kendall editou a antoloxía de ciencia ficción Hidden Youth (2016), é autora da novela gráfica Amazons, Abolitionists, and Activists: A Graphic History of Women’s Fight for Their Rights (2019) e do presente ensaio, Feminismo de barrio.

Descargar la ficha técnica de “Feminismo de barrio”:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

Traductor/a:

Ivonete Da Silva Isidoro

ISBN

978-84-19754-55-4

Idioma:

Galego

Encadernación:

Rústica con solapas

Tamaño:

14 x 21 cm

Páxinas:

248

Ano de publicación

2024

Idade recomendada:

adultos

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Feminismo de barrio”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio