Filippa & Compañía. Enredo no Nadal
Unha historia simpática sobre a amizade, Papá Noel e o que é realmente importante no Nadal.
Os catro amigos agardan a chegada do Nadal e quedan sen bombóns. Filippa sae a buscar máis, pero acaba atopando a Papá Noel. O mesmo lles ocorre ao gato Durmiñón, a Coello e ao asno Antero. Todo isto é moi estraño…
Este é o terceiro libro da serie Filippa & Compañía. Unha vez máis, a forma humorística de escribir de Juha Virta atópase coas ilustracións brillantes e ricas de Marika Maijala e invita os niños e adultos a visitar un mundo cheo de maxia.
Autores: Juha Virta y Marika Maijala
Juha Virta estudou historia, inglés e ciencias sociais. Actualmente é profesor de secundaria en Espoo. Ademais do seu traballo diúrno, Juha Virta traballou na música. Escribiu letras para a banda Déclassé, grupo en cuxa creación participou en 2005 e do que é cantante. En Hércules de Ediciones publicou tamén Filippa & compañía. Piano á fuga e Sen rastro do gato.
Marika Maijala
É unha das ilustradoras contemporáneas finlandesas máis famosas. Marika Maijala ilustrou libros infantís para todas as editoriais principais en Finlandia e libros coas súas ilustracións foron publicados tamén en Xapón, Alemaña, Francia, China, Estonia, Suecia, Dinamarca, India e Abu Dabi. Foi galardoada co premio Rudolf Koivu á mellor ilustración finlandesa de libros infantís en 2009 e foi nomeada para o premio Finlandia Junior en 2008 e 2012. En 2015 e 2016 as súas ilustracións foron preseleccionadas nos premios World Illustration Awards da AOI, así como en The White Ravens List en 2015 e 2016. En 2017 recibiu unha bolsa de 3 anos para traballos artísticos polo Arts Promotion Centre de Finlandia e tamén foi nomeada ao premio ALMA. En Hércules de Ediciones publicou tamén Filippa & compañía. Piano á fuga e Sen rastro do gato.
Descarga a ficha de “Filippa & compañía. Enredo en Navidad”: Ficha "Enredo en Navidad"
Descarga a ficha de “Filippa & compañía. Enredo no Nadal”: Ficha "Enredo no Nadal"