Os doce traballos de Hércules

Agora mesmo é un bo momento para que mergulles nesta versión dos doce traballos de Hércules e coñezas o león de Nemea, cuxos cairos eran dúas medias lúas crecentes. E a hidra de Lerna de nove cabezas, que intentaba volverte tolo falándoche de nove cousas distintas a un tempo. E as eguas de Diomedes, que cos seus cascos de cortiza podían galopar sobre o mar. E o xardín das Hespérides, onde as mazás eran de ouro e o ouro era de mazá. E tamén o can Cérbero de tres cabezas, que ladraba en tres idiomas diferentes.

16,00 

Categoría: Etiquetas: ,

Hércules, fillo do deus Zeus e da mortal Alcmena, tiña desde neno tal forza que xogaba ás bólas cos planetas e ao aro cun dos aneis de Saturno. Xa de adulto, e a través do oráculo de Delfos, a deusa Hera ordénalle realizar doce traballos dificilísimos que lle imporía o temible rei Euristeo.

Xa verás que, para ti, ler este libro non será o traballo número trece, porque é ameno e porque está cheo de tanto humor que ata o malvado Euristeo se botaría a rir. Nel veremos a historia dun Hércules moi peculiar: semideus do estrafalario, heroe do disparate, e cun aspecto físico diferente do aspecto ao que nos ten afeitos.

Agora mesmo é un bo momento para que mergulles nesta versión dos doce traballos de Hércules e coñezas o león de Nemea, cuxos cairos eran dúas medias lúas crecentes. E a hidra de Lerna de nove cabezas, que intentaba volverte tolo falándoche de nove cousas distintas a un tempo. E as eguas de Diomedes, que cos seus cascos de cortiza podían galopar sobre o mar. E o xardín das Hespérides, onde as mazás eran de ouro e o ouro era de mazá. E tamén o can Cérbero de tres cabezas, que ladraba en tres idiomas diferentes.

Texto: Carlos López

Nado en Boimorto (A Coruña) en 1967, é xornalista e escritor. Como xornalista, desenvolve o seu labor nas páxinas de La Voz de Galicia na faceta de humor gráfico e formando parte do dúo Pinto & Chinto, que no ano 2012 foron merecedores do Premio Mingote. No eido da literatura infantil, con Minimaladas acadou o Premio Merlín de Literatura Infantil no 2007, e en 2008 o Raíña Lupa pola novela A peripecia de Roi. Os seus libros Contos para nenos que dormen deseguida e Nicomedes o pelado obtiveron o The White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnich en 2011 e 2014 respectivamente. Outros galardóns concedidos á súa obra destinada ao lectorado infantil son o Xosé Neira Vilas, o Fervenzas Literarias e a inclusión na Lista de Honor de Clij 2014. En 2020 figura na Selección da Organización Española Para el Libro Infantil y Juvenil por O dragón que non botaba lume. Libros seus aparecen traducidos a linguas como o catalán, euskera, portugués, italiano, grego ou chino.

Ilustracións: Siro

Siro López Lorenzo (Ferrol, 1943), coñecido sobre todo como caricaturista político por ter contado en viñetas a Historia da Autonomía Galega e O Camiño á Constitución nos anos que formou parte da redacción de La Voz de Galicia, é un artista plástico que trata todos os xéneros con todas as técnicas, como mostrou na exposición antolóxica que co título 81 anos e un lapis fixo a comezos de ano no Kiosco Alfonso de A Coruña. Para Hércules de Ediciones ilustrou en 2015 os dous tomos da Antropoloxía Galega do Proxecto Galicia e volve colaborar ilustrando esta versión de Os doce traballos de Hércules cun estilo persoal marcado polo humor.

Descarga a ficha de “Os doce traballos de Hércules”:

Descarga a ficha de “Los doce trabajos de Hércules”:

 

Peso 0,3 kg
Autoría

Ilustrador/a

Siro

ISBN

978-84-19754-53-0 (castellano) y 978-84-19754-54-7 (gallego)

Páxinas:

88

Tamaño:

16,5 x 24 cm

Idioma:

Castelán, Galego

Encadernación:

Tapa dura

Idade recomendada:

8-11 anos, 11-16 anos

Ano de publicación

2024

Tamén che recomendamos…

Carriño da compra
Scroll ao inicio