Os imitadores é un conto infantil protagonizado por sombras. Invertindo a relación entre as sombras e os corpos que as proxectan, a obra presenta un universo no que as sombras son os seres autónomos e pensantes, mentres que as persoas non son máis que os seus reflexos. Tanto é así que «imitadores» é o nome co que as sombras chaman aos humanos, pois, desde o punto de vista das sombras, os humanos son esas criaturas que están sempre o seu lado copiando cada cousa que fan.
O intercambio de papeis e de perspectivas entre humanos e sombras permite reflexionar sobre cuestións moi complexas e interesantes, como son: identidade, individualidade, autonomía vs independencia, orixinalidade, mito da caverna de Platón, ying e yang, control político a través do medo, xénero, etc.
Autor: Alberto Hontoria
Alberto Hontoria Maceín naceu en Madrid en 1987. É autor dos libros de microensaio e minificción El sentido disidente de la fábula (2013) e Juntos suspensivos (2016), das novelas Disjecta membra (2014) e Euforia colectiva (2015), e do compendio de relatos Cena con espectáculo (2019).
Traballou durante varios anos na Universidade Autónoma de Madrid como investigador becado. Colaborou con axencias literarias e medios de comunicación na creación de contidos culturais. Desde 2015 exerce as funcións de responsable de biblioteca nun centro escolar. Os imitadores representa a súa segunda incursión na literatura infantil despois de Defectos monstruosos (ambas editadas por Hércules de Ediciones).
Ilustradora: Nuria Díaz
Estudou Belas Artes na Universidade de Vigo, e a súa vida profesional encamiñouse cara ao deseño gráfico. Leva desde o 2012 dedicándose á ilustración a tempo completo. Desde entón traballa en diferentes ámbitos da ilustración, desde ilustración infantil ata ilustración de produto. As súas ilustracións son sinxelas e poéticas con certo aire naíf.
Móvese entre o tradicional e o dixital e o seu traballo é unha mestura de ambas técnicas. Ten multitude de obras publicadas, tanto en editoriais galegas como de fóra. Para Hércules ilustrou Defectos montruosos e Un segredo entre as nubes.
Descarga a ficha de “Os imitadores”: Ficha "Os imitadores"
Descarga a ficha de “Los imitadores”: Ficha "Los imitadores"