Este é un libro cheo de personaxes lendarios como dragóns, princesas, bestas fantásticas, sabios e cabaleiros que se enfrontan a moitas aventuras por montes misteriosos. Pero é algo máis: é a historia do reino de Libeliño, un lugar máxico e moi divertido que vos vai traer á cabeza a lembranza dos contos tradicionais para ir durmir.
Autora: Estefanía Padullés
Nacín nun pequeno pobo dos Pireneos. Licencieime en Bioloxía pola Universidade de Barcelona. Tras viaxar por distintos países para completar os meus estudos con animais, trasladeime a Almería para traballar nun Centro de Recuperación de Fauna Mariña. Posteriormente fun Responsable do departamento de Educación e axudante do departamento de Conservación nun Zoolóxico onde realizaba o deseño e a ilustración de campañas para a protección de especies ameazadas así como o material educativo (libros ilustrados, carteis, pósters).
Á parte do meu traballo como bióloga, nunca deixei de pintar ou debuxar. Cando tiven a ocasión expuxen cadros e participei nalgún libro de relatos curtos.
Nos últimos anos, desde que vivo en Galicia, realicei varios contos ilustrados, O desexo do gato Klops, A canción do sol, Max e Lea, A manchas ou a raias?, Leopoldo, o pequeno monstro, Que mal día, gato Klops!, A miña cadeliña, María Pita e o Pirata o valor dunha heroína e A pantasma do castelo, Porlier e a súa loita pola liberdade son os publicados por Hércules de Ediciones.
Descarga la ficha de “O reino de Libeliño”: Ficha "O reino de Libeliño"
Descarga la ficha de “El reino de Libelín”: Ficha "El reino de Libelín"