A viaxe do vento a través das diferentes estacións está chea de suaves sopros, de tranquilas airexas e de refachos máis fortes.
O vento é invisible, pero podemos velo moverse ao noso arredor todos los días.
Podes encontrar o vento no libro?
Un ano co vento de Hanna Konola é unha mirada poética ás cambiantes estacións e ao carácter do vento en cada mes. As encantadoras ilustracións e a cativadora escritura gustarán aos pequenos lectores mentres aprenden sobre o vento: voando papaventos na primavera, impulsando veleiros no verán, lanzando follas no outono e facendo que as folerpas de neve bailen no inverno.
Este libro publicouse orixinalmente en Finlandia e foi galardoado co Premio ao Libro máis bonito do ano outorgado polo Comité de Libros de Arte de Finlandia.
Autora: Hanna Konola
Hanna Konola é unha ilustradora e artista de renome internacional. As súas ilustracións pódense atopar en Europa, Asia e os EE. UU. tanto en deseños en papel como en revistas e libros. Konola combina a fantasía cun enfoque analítico nas súas obras, que transmiten alegría coa cantidade xusta de sensibilidade. Un ano co vento é unha bela mostra da súa creatividade e estilo.
Konola vive e traballa en Helsinqui, Finlandia, e recibiu un Premio de Deseño Profesional de YCN en 2014.
Descargar ficha: Ficha "Un ano co vento"
Reseñas
Aínda non hai valoracións.