[vc_row css=\».vc_custom_1442846960462{padding: 0px !important;}\»][vc_column][vc_column_text]Pie de Foto/Créditos: O historiador Xosé Ramón Álvarez Campos e o editor Francisco Rodríguez, na presentación de onte. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column width=\»1/4\»][vc_column_text]
Lunes, 15 de Diciembre de 2014
ANA BAENA | Publicado en Atántico Diario
[/vc_column_text][vc_btn title=\»Enlace a la Noticia\» style=\»flat\» shape=\»square\» size=\»sm\» i_icon_fontawesome=\»fa fa-external-link\» link=\»url:http%3A%2F%2Fwww.atlantico.net%2Farticulo%2Fcultura%2Fgalegos-foron-virreis-nas-colonias-america%2F20141212100551450832.html||target:%20_blank\» add_icon=\»true\»][vc_btn title=\»Sobre el libro\» style=\»flat\» shape=\»square\» color=\»primary\» size=\»sm\» align=\»center\» i_icon_fontawesome=\»fa fa-book\» button_block=\»true\» add_icon=\»true\»][/vc_column][vc_column width=\»3/4\»][vc_column_text]
Pilar Cagiao coordina o estudo da migración galega no sur do continente.
Os historiadores Alexandre Vázquez González, Xosé Manuel Núñez Seixas, Erica Sarmiento da Silva, Xosé Ramón Álvarez Campos, Mª Teresa García Domínguez e Andrea Ayala Flores, coordinados por Pilar Cagiao son os autores da nova entrega de Hércules Ediciones, “A emigración galega: América do Sur”. Trátase do primeiro volumen dunha colección de seis libros.
O editor Francisco Rodríguez e o historiador Xosé Ramón Álvarez Campos, da Universidade de Vigo presentaron onte “a recuperación da cultura galega no outro lado do océano”. Rodríguez reseñou que esta nova publicación “non é unha enciclopedia, trátase dunha obra de investigación e divulgación feita polos que máis saben da materia”.
Nesta publicación abránguese a presenza galega no sur do continente americano dende o tempo colonial. Cagiao abre o estudo cun análise dunha época onde os galegos eran unha minoría, “condicionado a que o único porto de saída era Sevilla”. Incluso nesta época se rexistraron sete virreis, doce bispos e centenares de misioneros nados nestas terras. O primeiro galego do que se ten constancia no novo continente é Gonzalo do Campo, un ourensano que en 1521 funda o primeiro poboado estable na actual Venezuela.
O groso do estudo céntranse nos movementos migratorios de 1880 a 1930, en países como Arxentina, Uruguay, México o Brasil, neste último chegaron a desembarcar ata 500.000 galegos. As redes migratorias que se formaban en cada país e que favorecía a instalación de colonias procedentes dos mesmos pobos tamén son estudiadas. É o caso dos orixinarios de Avión en México. En Chile e Perú a presenza de galegos non foi tan maioritaria, aínda que se deixou notar con personaxes como os irmáns Barcia Boente de Ponteareas; Cesareo Mosquera, que abríu unha librería ou Alfonso Graña, de Avión, que chegou a ser rei dos xíbaros.
“A emigración galega” editase en dúas versións: galega e castelá.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=\».vc_custom_1442846960462{padding: 0px !important;}\»][vc_column][/vc_column][/vc_row]